CRTVG

Buscar

Antonio Serrat, oitavo na Gran Final do Mundial de tríatlon en Edmonton

Publicado o 22/08/2021 09:43

O triatleta vigués Antonio Serrat acabou no oitavo posto na Gran Final do Mundial da ITU celebrada en Edmonton. Serrat foi o triatleta español máis regular deste 2021 consolidado no Top 10 tal e como demostrou en Leeds, Montreal e agora nesta gran cita. 

O gañador foi o campión olímpico Kristian Blummenfelt que empregou 1 hora 44:14. Malia saír algo atrasado na natación apareceu no grupo cabeceiro en bicicleta e acabou por sentenciar na carreira de 10 quilómetros. Segundo foi o belga Marten Van Riel e terceiro Leo Bergere. 

Serrat saíu do primeiro sector a máis de trinta segundos, pero tamén se enganchou ao grupo cabeceiro na bicicleta. A carreira fíxoa nun tempo de 31:06, vinte segundos máis que o gañador da proba.