CRTVG

Buscar

Antonio Gato abre unha crise no concello de Monterroso nomeando tenentes de alcalde do PSG e de CxG

Publicado o 01/11/2019 12:04

A gobernabilidade no concello lugués de Monterroso segue a complicarse. O alcalde, o independente Antonio Gato, chegou a un acordo de goberno con PSOE e Compromiso por Galicia. Un pacto que se oficializou no último pleno. Pero a pesar do acordo, xa perderon as primeiras votacións. Os tres edís que foron na candidatura co alcalde votaron en contra, deixándoo en minoría.

Monterroso foi unha das dúas corporacións galegas que tivo que atrasar a súa constitución por reclamacións na xunta electoral.

Noticias web

01/11/2019