CRTVG

Buscar

Antonio Fraguas, un sabio da aldea que impulsou o Museo do Pobo Galego

Publicado o 17/05/2019 16:56

Loureiro de Cotobade, onde nace en 1905, vai marcar a súa vida e a súa obra. A cultura popular será unha das súas moitas preocupacións ao longo da súa dilatada biografía.

No verán do 36 ten que agocharse da represión franquista. Humíllano publicamente e prohíbenlle dar clase. Neses anos sobrevive dando clases nunha academia.


O neno de aldea estuda en Pontevedra e Santiago. Ingresa no Seminario de Estudos Galegos, afíliase ao partido galeguista, casa con Teresa Martínez e aproba as oposicións para unha cátedra na Estrada. No verán do 36 ten que agocharse da represión franquista. Humíllano publicamente e prohíbenlle dar clase. Neses anos sobrevive dando clases nunha academia.

A partir dos anos 50 de novo catedrático en Lugo comeza a desenvolver unha intensa actividade cultural en institucións como a Real Academia Galega. Participa na creación dunha das grandes institucións do país, o Museo do Pobo Galego.

O último cronista oficial do Reino de Galicia, morre en 1999, foi velado no Museo do Pobo Galego e enterrado no cemiterio de Bonaval de Santiago.

Noticias web

17/05/2019