CRTVG

Buscar

Antonio Couceiro é o novo presidente do Deportivo

Publicado o 08/02/2021 20:39

Antonio Couceiro é o novo presidente do Deportivo logo da dimisión do Consello de Administración. Couceiro é presidente da Cámara de Comercio da Coruña, de AFIGAL e CESGAR. 

A relación de Couceiro co deporte vén polo rugby. Foi xogador do equipo de veteranos do CRAT e sempre amosou o seu agarimo por un deporte cuxa chave é a palabra equipo. 

Antonio Couceiro chegará acompañado por Eduardo Blanco, Carlos Cantó, David Villasuso e Emma Lustres. Con este troco, a propiedade do Deportivo pretende encamiñar a traxectoria errática do club nos últimos tempos. 

 

Noticias web

08/02/2021