CRTVG

Buscar

Antonio, cociñeiro, anima os sanitarios do CHUAC cos seus callos solidarios

Publicado o 29/01/2021 15:24

Un cociñeiro coruñés refúxiase na solidariedade para afrontar as restricións da hostalería. Fíxoo nas diferentes ondas da pandemia e agora no pico desta terceira vaga, Antonio, coa axuda de Damián, volve cociñar os seus callos solidarios tódolos domingos.

"Hai moitos anos que fago os callos e agora fago grandes cantidades para levarllos a quen se está a partir a boca por nós, que son os sanitarios", di Antonio Amenedo, cociñeiro do Pazo de Santa Cruz de Mondoi.

Elen poñen a man de obra e dous proveedores facilítanlle a materia prima para elaborar a súa receita.

"Eles dixéronme: Antonio, para facer esa acción, nós poñemos a materia. Hai que axudar como sexa", engade Antonio.

Por mor das restricións, Antonio leva desde outubro co seu negocio pechado, pero nunca pensou en marchar para a casa e quedar de brazos cruzados.

"Hai que facer algo, e se podemos axudar e dar unha alegría...", manifesta Antonio.

Con este xesto solidario, Antonio quere animar os sanitarios e facer que os seus domingos sexan menos duros.


 

Noticias web

29/01/2021