Antón Gómez-Reino: "Sánchez presentouse como contención contra as dereitas e sería raro que abordase esa liña"
O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino (A Coruña, 1980), asegura na entrevista do Bos días que "é un clamor maioritario que as forzas políticas cheguen a acordos", e que ao Partido Socialista lle queda moito para chegar á maioría absoluta e por iso entende como "lóxico que sume os apoios de Podemos" e a formación de Pablo Iglesias entre no Goberno para darlle estabilidade.
Segundo Gómez-Reino, Pedro Sánchez ten dúas posibilidades e ten que decidir: "Un goberno coa dereita ou un goberno con Unidos Podemos", e "sería estraño que un Sánchez, que e presentou ás eleccións como un muro de contención contra as dereitas, e que ademais as súas bases lle dixeron que 'con Rivera non', pois sería raro que abordase esa liña".
En canto á situación de En Marea, di que hai 10 ou 11 deputados de 13 que "non comparte as opinións de Villares" e nas eleccións "foron ata superados polo Pacma", e que o voceiro debería representar á maioría do grupo parlamentario, "iso é a democracia", concluíu.