Antivacinas e mebros de ultradereita asaltan un sindicato e un hospital en Roma
Publicado o 11/10/2021 12:47

En Italia, 12 detidos e unha trintena de feridos tras o asalto á sede dun sindicato e a un hospital en Roma despois dunha manifestación contra o pasaporte COVID. Os manifestantes, moitos deles militantes do movemento neofascista Forza Nuova, proferiron insultos contra o Goberno de Mario Draghi e tamén contra a prensa. Os actos acabaron en graves enfrontamentos coa policía. Algúns violentos asediaron o servizo de Urxencias do hospital Umberto I e feriron catro persoas: dúas enfermeiras e dous axentes de seguridade.