CRTVG

Buscar

Antía Jácome, presente e futuro do piragüismo español

Publicado o 10/08/2021 16:47

Antía Jácome nunca esquecerá este 2021. Un éxito extraordinario na súa estrea nos Xogos, diploma olímpico, ao pé do podio, con só 21 anos.

Pero o 2021 aínda pode traer máis momentos de gloria para Antía Jácome. A mediados de setembro loitará polas medallas no mundial de Copenhague. Alí competirá en C-1 e C-2, formando parella coa súa compañeira Antía Otero.

E seguirá soñando porque París 2024 asoma xa no horizonte. Antía Jácome, o futuro do piragüismo español. 

 

Noticias web

10/08/2021