Antía Jácome completa o pleno do piragüismo no C1 200
Publicado o 04/08/2021 07:03
A pontevedresa Antía Jácome meteuse nas semifinais na súa estrea nuns Xogos Olímpicos. Non puido facelo na serie clasificatoria, ao quedar na terceira posición. A ucraína Luzan (45,57) e a chinesa Lin (46,44) foron máis rápidas que Antía, que quedou a dúas décimas da segunda posición.
Tocoulle ir á quenda de cuartos de final e aí foi a máis rápida. Antía Jácome acreditou un tempo de 45,66 e meteuse nas semifinais do C1 200.
Ás 2:51, hora galega, de mañá terá a oportunidade de medirse coas mellores do mundo e buscar a sorpresa a carón de referentes a nivel mundial como Kevin Harrison ou Laurence Vincent Lapointe.