Anquela: "Cometemos erros moi graves nas dúas áreas"
Anquela recoñece a mellora, pero tamén a gravidade dalgúns erros: "Desde a segunda parte de Vallecas, o equipo vai nunha liña ascendente en todas as facetas do xogo. O que pasa é que cometemos erros, e os erros son moi graves. Cometémolos nas dúas áreas".
Tras xogar coa súa selección, Gaku está en condicións de volver. O xaponés sempre está disposto: "A todo o que lle preguntas di si, si, si... porque non sei se sabe dicir máis cousas. A min con que me diga si, xa teño bastante", sinala o técnico
O Deportivo xogará tres partidos en seis días. Anquela ten a súa visión do partido a partido: "'Oliviña comida, óso fóra'. Hai que comer unha oliva, quitar o óso, logo outra... Porque se queres comer o prato dunha vez, eu creo que... Isto é un a un. Nada máis".
Peru e Longo teñen opcións de volver esta fin de semana, segundo Anquela.