CRTVG

Buscar

Anova recoñece que Podemos Galicia "non está no camiño da unidade popular"

Publicado o 15/02/2020 14:39

Na mañá deste sábado houbo reunión da Coordinadora Nacional de Anova. O seu voceiro, Antón Sánchez, asegurou que continúan a traballar por acadar unha confluencia  de unidade popular, aínda que consideran que Podemos non está nese camiño.

Desde Anova insisten en que intentarán ata o último momento chegar a un acordo, e que a porta segue aberta. Aínda así, consideran que a posición de Podemos de concorrer co seu proxecto en solitario é lexítimo.

Noticias web

15/02/2020