Anova, Podemos e Esquerda Unida apuran os prazos para elaborar unha candidatura conxunta
Publicado o 13/02/2020 15:03
Anova, Podemos e Esquerda Unida apuran os prazos para elaborar unha candidatura conxunta. Barállanse varios nomes, pero de momento ningúen deu o paso oficialmente. Dende Esquerda Unida, Eva Solla non se descarta a si mesma.
En Marea mantén a man tendida a Anova e ás mareas municipalistas. Non son partidarios de concorrer con Podemos ás eleccións, pero non descartan pactar con eles tras o 5 de abril se é necesario.
Dende o Partido Socialista non queren falar de pactos. Agardan obter un bo resultado electoral.
A incógnita sobre os cadidatos á Xunta desvelarese nos vindeiros días.