Anova disposta a ir con EH-Bildu, BNG e ERC para as europeas
Anova estaría disposta a sumarse á alianza de Esquerra Republicana, BNG e Bildu para as eleccións europeas. Xosé Manuel Beiras aposta pola idea lanzada por Arnaldo Otegi de crear unha alianza ampla para combater o auxe da extrema dereita. Anova concorrerá con En Marea as municipais e adia ata despois dos comicios o debate sobre a crise dos últimos meses no partido instrumental.
Xosé Manuel Beiras volve saír á palestra para alertar sobre o crecemento da ultradereita. O veterano político de Anova abraza a proposta de Arnaldo Otegi de crear unha ampla alianza para combatela, que inclúa desde a CUP o PNV.
Anova estaría disposta a sumarse á alianza que xa asinaron para as europeas EH-Bildu, o BNG e Esquerra, e incluso ampliala, ainda que de momento non ten ningunha proposta enriba da mesa. Beiras non descarta establecer negociacións co BNG
Para as municipais Anova segue apostan por concorrer en confluencia con En Marea. Decidiron adiar para despois das eleccións o debate sobre a crise do partido instrumental.