CRTVG

Buscar

Anova designa os seus integrantes nas listas para as autonómicas do 5-A

Publicado o 29/02/2020 15:14

A Coordinadora Nacional de Anova aprobou esta mañá os nomes das persoas da organización que se integrarán nas listas de Galicia en Común-Anova-Mareas. Martiño Noriega será o número 3 pola Coruña, Iria Figueroa a número 2 por Pontevedra e Miguel Anxo Fernán Vello o primeiro da lista de Lugo. O portavoz nacional, Antón Sánchez está á fronte de Anova pero non concorrerá na candidatura.

"A decisión é que neste momento, despois de oito anos de moito traballo no Parlamento, a vida son etapas e hai que cambiar. Sempre dixemos que o traballo na institución non é o único, o compromiso político para nós é para toda a vida e eu axudarei desde onde estea e como poida tanto ao labor institucional como ao labor nas rúas."

Noticias web

29/02/2020