Anos sen poder descansar, nin de día nin de noite, polos ladridos dos 40 cans dun veciño
Os veciños de Feás, unha zona residencial do concello de Lalín conviven cos ladridos duns cans. A causa está no interior dunha parcela onde aseguran hai arredor de 40 cans ás dúas tres da mañá non paran de ladrar, contan os afectados.
Din que o ruído dos ladridos é constante e que por momentos se fai insoportable. Os máis proximos á propiedade levan anos sen durmir.
"O meu cuarto da cara atrás, xusto cara onde estan os cas. E aturalos ás tantas da madrugada. Como non van molestar?, di unha das veciñas afectadas.
Algúns veciños pediron ao propietario dos cans unha solución que nunca chegou. Cansos de aturar o ruído, presentaron o pasado mes de decembro un escrito e sinaturas ao Concello para que interveña nesta situación.
A Lei de proteccion e benestar animal de Galicia concreta que non existe un límite de animais nunha vivenda, pero a posesión de máis de cinco da especie canina estará sometida á obriga da comunicación previa á consellería competente. Desde o Concello aseguran que o expediente está en fase de tramitación á espera do informe dos técnicos que lle permita tomar unha decisión.