CRTVG

Buscar

Bos días

Ano novo, lista de propósitos que custa cumprir

Publicado o 02/01/2018 09:18

Un clásico destes primeiros días do ano é facer unha lista cos propósitos a cumprir para 2018. Hai os típicos, os que se repiten porque case nunca se cumpren. Hai outros moito máis profundos e ambiciosos. Escoiten.

Despois dos excesos e da ledicia de poder dar a benvida a un ano novo, toca reflexionar que nos quedou pendente e que metas nos marcamos para o 2018.

Perder eses quilos de máis, aprender inglés, deixar de fumar, alimentarse mellor... Son os máis repetidos propósitos precisamente porque como nunca se cumpren xa van quedando dun ano para outro. Uns clásicos máis son...

Outros o que se prometen é traballar menos e dedicarse máis aos seus.

Coidar a familia e mimarse tamén máis a unha mesma. Ser mellor persoa é un obxectivo aínda máis ambicioso.

En definitiva, o que todos desexamos é ser felices este ano novo. Agora fai falta saúde e forza de vontade para conseguilo. Moita sorte!

Bos días

02/01/2018