CRTVG

Buscar

Anímanse as reservas na hostelaría pola ampliación dos horarios

Publicado o 07/05/2021 15:15

As reservas anímanse en bares e restaurantes despois de coñecerse esa ampliación de horarios.

O entusiasmo dos hotaleiros tradúcese nun incremento de reservas que mesmo supera as expectativas iniciais.

Nos restaurantes volverán as ceas sosegadas ata a unha da madrugada e nos bares tamén se volverá gozar dun petisco despois da posta do sol e ata as once da noite.

Amplíanse os horarios, pero mantéñense as limitacións de ocupación e un máximo de 4 persoas en mesa se é denro do local e 6 se é no exterior.

Os medidores de CO2, o rexistro de clientes e a cita previa seguen sendo garantías para evitar unha volta atrás na evolución da pandemia.