ANFAC pídelle ao Goberno medidas fiscais que favorezan o mercado automobilístico
A venda de vehículos aumentou levemente en abril grazas ás compras de empresas e compañías de alugueiro, pero o balance do primeiro cuadrimestre do ano segue sendo negativo pola caída do consumo familiar.
Noemi Navas, voceira de ANFAC: "Cuns números bastante alarmantes, no último mes caeron máis dun 17% e no último cuadrimestre un 11%".
A patronal dos fabricantes de coches pídelle ao executivo unha fiscalidade integral, que penalice un parque móbil envellecido que contamina e favoreza a compra de vehículos novos máis eficientes. Quedan por ver os efectos da suba de impostos ao gasóleo prevista polo Goberno para o ano que vén. En concreto, 3,8 céntimos por litro, uns dous euros de media ao encher o depósito.
Noemi Nava, voceira de ANFAC: "A suba de impostos, como calquera outra circunstancia que xera incerteza no consumidor afecta moi negativamente. Ao final son elementos que incrementan esta incerteza e ralentizan, por non dicir que paran, as vendas".
A produción e a exportación de vehículos en España tamén pechou o primeiro trimestre do ano en negativo.