CRTVG

Buscar

Andrés Suárez cancela o seu concerto en Vigo entre protestas do público e presenza policial

Publicado o 15/05/2021 15:02
Andrés Suárez cancela o seu concerto en Vigo entre protestas do público e presenza policial

Andrés Suárez explicaba ao seu público que non ía haber concerto. Moi sensibilizado coa pandemia porque a súa nai, sanitaria, considerou que non se daban as circunstancias de seguridade axeitadas para dar o concerto.

Inicialmente o público presente entendeu a decisión do cantautor. A Policía Local desaloxou o recinto e o concello abriu expediente informativo. Esta tarde está prevista outra actuación de Suárez no mesmo auditorio Mar de Vigo, o contratista ofreceu varias alternativas.

O festival Terraceo consolidárase como unha das mellores opcións musicais da pandemia; sobre todo cando os concertos poden ser no exterior sen apenas risco e cun aforo rendible para os produtores.

Noticias web

15/05/2021