CRTVG

Buscar

Andorra poderá vacinar 15.000 persoas coas doses que lle fará chegar España

Publicado o 19/01/2021 16:26

O Ministerio de Sanidade vaille vender 30.000 doses da vacina de Pfizer ao Principado de Andorra. Forma parte dun plan solidario con terceiros países que aprobou o Consello de Ministros.

Este movemento enmárcase dentro da estratexia europea de axudar os pequenos países como a propia Andorra, O Vaticano, Mónaco ou San Marino que non teñen capacidade para negociar as compras coas grandes famacéuticas.

Andorra está a ser moi castigada pola covid-19, cunha taxa de falecementos entre as quince máis altas do mundo.

Noticias web

19/01/2021