CRTVG

Buscar

Ander Gil, elixido como novo presidente do Senado

Publicado o 12/07/2021 17:13
Ander Gil, elixido como novo presidente do Senado

Ander Gil foi elixido este luns, na segunda votación do pleno, como novo presidente do Senado tras a marcha de Pilar Llop ao Ministerio de Xustiza, converténdose así no duodécimo presidente que ten esta institución desde o ano 1978. Gil obtivo 132 votos a favor nesta segunda votación. O novo presidente do Senado foi elixido nun pleno extraordinario que se celebrou este luns luns e a través dunha votación telemática e secreta.

O dirixente socialista, electo por Burgos, converteuse así no duodécimo presidente do Senado tras permanecer dez anos na Cámara Alta. Ander Gil era o portavoz do Grupo Socialista desde o ano 2017.

Noticias web

12/07/2021