CRTVG

Buscar

Andalucía reabre o sector do lecer nocturno a partir do domingo

Publicado o 06/05/2021 21:24

EFE

AXENCIAS
O Goberno andaluz decidiu que a comunidade autónoma xa non terá toque de queda a partir deste domingo, cando decae o estado de alarma a nivel nacional, e permitirá a apertura do sector da hostalería ata as 00,00 horas e a reapertura, despois de máis dun ano de peche, do lecer nocturno, como os pubs e discotecas, ata as 2.00 horas.

Andalucía deixará de estar pechada perimetralmente ao decaer o estado de alarma, mentres que xa non se limitará o número máximo de persoas que poderán estar reunidas en domicilios. Así o anunciou o presidente da Junta, Juanma Moreno, nunha comparecencia pública tras presidir a reunión do Consello Asesor de Alertas de Saúde Pública de Alto Impacto de Andalucía, coñecido como Comité de Expertos, no que se decidiron as medidas que estarán vixentes na comunidade cando decaia o estado de alarma.