CRTVG

Buscar

Andalucía esixirá estar vacinado ou un test de antíxenos negativo para entrar no ocio nocturno

Publicado o 03/08/2021 08:28
Andalucía esixirá estar vacinado ou un test de antíxenos negativo para entrar no ocio nocturno

Andalucía xa ten vixente o toque de queda selectivo dende o 22 de xullo e agora suman outra norma para controlar a expansión do virus: comenzará a esixir o certificado covid para entrar no ocio nocturno. A medida porase en marcha na noite do mércores ao xoves.

Decide así non pechar os locais de hostalería do ocio nocturno, pero esixe aos usuarios estar vacinados ou presentar o resultado negativo dun test de antíxenos ou PCR para poder acceder ao interior dos establecementos. Este requisito na comunidade andaluza limítase só aos locais de ocio nocturno.

Noticias web

03/08/2021