CRTVG

Buscar

Andalucía e Murcia decretan o peche perimetral de todo o territorio

Publicado o 28/10/2020 21:16

Esténdese a pandemia en Andalucía. Este mércores, a comunidade notificou 2.000 positivos máis. En Úbeda, na provincia de Xaén, a poboación participa nun cribado masivo tras o gromo detectado no hospital do municipio.

Cada vez son máis as comunidades que optan polo confinamento perimetral de toda a comunidade para frear os contaxios. O Goberno de Murcia anunciouno este mércores tras cualificar de "grave" a evolución da pandemia na rexión.

Tamén Cataluña estuda esta posibilidade tras rexistrar 5.000 novos positivos. A presión hospitalaria segue en aumento, por iso a Generalitat anuncia novas restricións. Mentres, o sector da hostalería pide na rúa a apertura de bares e restaurantes.

Madrid, con algo máis de 2.600 contaxios, sitúase despois de Cataluña en novos casos. Valencia, que ata o momento conseguira conter o número de infeccións, sumou este mércores 1.600 positivos.

Noticias web

28/10/2020