Analizan as opcións para retirar o barco que ardeu no peirao de Bouzas
O Baffin Bay volveu arder na tarde de onte domingo. Rexistrouse un novo incendio no barco, cara á unha da tarde, máis pequeno que o do xoves pero que obrigou a actuar os bombeiros durante cinco horas.
Esta mañá no porto de Vigo celebrouse unha reunión para analizar a situación do Baffin Bay. No buque declarouse un segundo incendio e os bombeiros de Vigo tiveron que volver actuar durante máis de 5 horas para sufocalo.
Aínda que foi un lume moito menor que o do pasado xoves, os labores para extinguilo resultaron complicados. De novo a orixe do incendio estivo na adega do barco. O conxelador, que realizaba labores de pesca nas Malvinas, garda 250 de litros de combustible no seu interior algo que preocupa especialmente.
O temor a unha explosión ou unha vertedura de fuel obriga a manter un operativo de control sobre o arrastreiro afundido no peirao de Bouzas. Analizan como facer para sacalo do peirao.
Por este motivo os servizos de emerxencias están moi alerta e instalaron barreiras anticontaminación para cercar o fuel no caso de que haxa unha vertedura. O Baffin Bay está cada vez máis somerxido no Peirao de Reparacións de Bouzas.