CRTVG

Buscar

Analizan as cámaras para atopar quen lle roubou a un mozo falecido nun choque cun 'kamikaze'

Publicado o 20/09/2019 20:23
Analizan as cámaras para atopar quen lle roubou a un mozo falecido nun choque cun 'kamikaze'

As forzas de seguridade están analizando as cámaras instaladas na M-50 de Madrid para descubrir quen lle puido roubar o reloxo e o diñeiro da carteira a un mozo que morreu nun accidente de tráfico a pasada fin de semana.

Victor, de 20 anos, perdeu a vida cando se dirixía ao traballo. Chocou contra un condutor 'kamikaze', que triplicaba a taxa de alcolemia. O xuíz ordenou onte prisión provisional sen fianza contra el por un presunto delito de homicidio doloso.

A familia da vítima reclama unha condena exemplar para o 'kamikaze' pero tamén para a persoa que se achegou a Víctor para roubarlle o reloxo e os cartos antes de que chegasen os servizos de urxencia.