CRTVG

Buscar

Análise: Trump como instigador dun ataque á democracia

Publicado o 07/01/2021 14:48

Estas palabras de Donald Trump alentando os seus seguidores a marchar sobre o Congreso foron o detonante do violento asalto ao Capitolio. Unha retórica incendiaria, din os analistas, que onte deu un paso máis e pasará á historia como símbolo do legado do presidente saínte.

"É a sobremesa tras un xantar compexo de catro anos, o peche dunha lexislatura errática", di Santiago Martínez, analista político.

"Durante catro ou cino anos, Trump foi o inspirador dunha liña antipolítica que cuestionaba os procedementos democráticos", explica Alex Alonso Nogueira, profesor do Brooklyn College.

Queda a incógnita de posibles consecuencias penais para Donald Trump. Para os expertos, o asalto foi un ataque á democracia, pero non un golpe de estado.

"Podemos falar de revolta, ou de intento de sedición, pero non de golpe de Estado. Non ten apoio do Goberno nin do Exército", di Montse Pintado, profesora de Relacións Internacionais.

Trece días antes da saída de Trump da Casa Branca, os politólogos sinalan a necesidade dunha renovación no Partido Republicano para superar esta herdanza.

 

Noticias web

07/01/2021