Ana Pontón trasládalle o apoio do BNG ao comité de empresa de Alcoa
Publicado o 13/10/2020 14:46
A voceira nacional do BNG trasladoulle o seu apoio ao comité de empresa de Alcoa San Cibrao. Ana Pontón dixo que a solución para a contuidade da planta non pode ser xudicial, senón política. Anunciou unha ofensiva institucional do seu partido, e instou aos gobernos central e galego a tomar unha decisión inmediata para garantir a actividade e o emprego.