CRTVG

Buscar

Ana Pontón salientou no Día Internacional do Medio Ambiente a importancia de respectar a biodiversidade para garantir a saúde

Publicado o 05/06/2020 15:44

Neste Día Internacional do Medio Ambiente, Ana Pontón salientou a importancia de respectar a biodiversidade para garantir, mesmo, a saúde. 

Ana Pontón asegura que traxedias sanitarias como a vivida coa pandemia do coronavirus teñen moito que ver coa falta de respecto ao medio ambiente: "É imposible seguir mantendo un planeta en que non se aposte pola sostibilidade. A crise do coronavirus está poñendo acento en que as pandemias se estenden máis cando hai perda de biodiversidade, cando hai máis contaminación".

 

 

 

Noticias web

05/06/2020