CRTVG

Buscar

Ana Pontón quere que Galicia acceda a máis caladoiros e recursos pesqueiros da UE

Publicado o 28/02/2020 16:13

O BNG levou o acto de precampaña á Coruña, onde se reuniron con representantes do consello de administración da lonxa. O obxectivo da xuntanza era escoitar as necesidades dun sector, o pesqueiro, que ten un gran peso estratéxico na nosa comunidade, e trasladarlles as propostas que o BNG incluirá no seu programa electoral.

Ana Pontón defendeu a necesidade de poñer en marcha un plan estratéxico da pesca e a declaración de Galicia como unha comunidade altamente dependente da pesca, o que nos permitiría acceder a máis caladoiros e a máis recursos da Unión Europea.

Noticias web

28/02/2020