Ana Pontón quere liderar en Galicia un "novo ciclo político"
Publicado o 07/07/2019 12:42
A voceira do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, dixo hoxe que o poder municipal que o seu partido obtivo nas eleccións de maio ten que traballar desde xa para abrir en Galicia un novo ciclo político en 2020. Foi ante douscentos concelleiros e alcaldes, a metade dos que o BNG conseguiu nos últimos comicios. Segundo Pontón, teñen que defender desde os concellos o compromiso coa xestión do público, e facelo cunha idea e de país. A líder nacionalista puxo como primeiro paso o Día da Patria, e como meta final a apertura dun ciclo que poña fin á etapa de Feijóo.