Ana Pontón pide que o sector mar-industria sexa prioritario no repartimento dos fondos europeos
Publicado o 20/05/2021 14:54
O BNG cre que o sector mar-industria debe ser prioritario no reparto dos fondos europeos. Nunha visita ás instalacións do Grupo Calvo en Carballo, Ana Pontón dixo que esta é unha oportunidade para impulsar un sector clave, que permite xerar emprego e riqueza en Galicia.
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG: "Defendemos que non poden traer recortes sociais, pero poden impulsar cambios produtivos no noso país. Un dos grandes tractores de Galicia é o complexo mar-industria, que debería ser prioritario nas liñas de actuación".