Ana Pontón asegura que os concellos gobernados polo BNG son exemplo de boa xestión
Publicado o 18/06/2021 15:21
A líder do BNG proponse como reto multiplicar o peso municipal do partido. Ana Pontón reuniu en Lugo os alcaldes e responsables políticos dos concellos liderados ou cogobernados polo Bloque.
Na metade do mandato, a voceira nacional fixo balance e asegurou que as corporacións nacionalistas son exemplo de boa xestión e doutra forma de facer política.