CRTVG

Buscar

Ana Pontón di que non se pode aceptar a mensaxe de que "hai que quedar na casa" o 8-M

Publicado o 07/03/2021 15:11

Na véspera do 8 de marzo, o BNG reivindica as mulleres por imprescindibles durante a pandemia que, segundo o Bloque, afondou na precariedade laboral feminina. A formación nacionalista escolleu como escenario para este acto simbólico a alameda de Santiago de Compostela. A carón da estatua das Marías, e acompañada por unha ducia de compañeiras do BNG, Ana Pontón dixo que non se pode aceptar a mensaxe de que hai que quedar na casa no 8 de marzo. Chamou á mobilización con responsabilidade. 

 

Noticias web

07/03/2021