Ana Pontón cre que a nova lei de saúde só busca sancionar
As primeiras palabras de Ana Pontón no pleno do Parlamento de Galicia foron para dicirlle as mulleres que hai alternativa frente a violencia machista. Solicitou que se dedique o 1 % do orzamento a loitar contra a violencia machista.
Acto seguido, referiuse á pandemia do coronavirus e fixo referencia á reforma da lei de saúde. Destacou que é inxusto e inútil que se sancione os galegos e galegas. Pontón solicitoulle ao presidente da Xunta que rectifique e retire a reforma da lei de saúde.
O BNG ofrece a súa colaboración con propostas concretas como o aumento de rastrexadores, que programe un cribado masivo nos concellos con peches perimetrais ou blindar as residencias de maiores cunha intervención pública.
Alberto Núñez Feijóo respondeulle a Ana Pontón que cando gobernaba o seu partido en Galicia había un 160 % menos de presuposto en favor da igualdade.
O presidente da Xunta referiuse á posición do BNG sobre da lei de saúde e preguntoulle se lle parecía mal que se sancionase as persoas que incumpren a corentena.