Ana Pontón comeza a campaña na súa vila natal, onde salientou o orgullo de nacer no rural
Publicado o 26/06/2020 15:08
Cunha volta ás súas orixes, na parroquia de Chorente, en Sarria, así arrancou a campaña electoral a candidata á presidencia da Xunta polo BNG.
Acompañada dos seus pais, Ana Pontón mantivo un encontro con xornalistas onde recoñeceu o orgullo que para ela supón o feito de nacer no rural.