Ana Pontón anima a mocidade na Asemblea de Galiza Nova a ser o motor do cambio
Publicado o 11/09/2021 21:32
Ana Pontón chama a mocidade a sumarse ao BNG e comprométese con eles a deixar a pel para que non sexan os máis novos os que paguen pola crise xerada pola pandemia.
Durante a súa intervención na clausura da Asemblea de Galiza Nova, a voceira nacional do Bloque dixo que é preciso que os mozos se convertan nese motor que permita por primeira vez en Galicia unha presidencia nacionalista. A cambio comprometeuse a traballar cada día para que a recuperación chegue a eles.
E para iso, advertiu Pontón, é imprescindible conseguir que os fondos Next Generation non vaian parar a eléctricas e multinacionais, senón que se usen para evitar que unha nova xeración de galegos teña que emigrar.