CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro xa pensa no seu seguinte obxectivo: saltar 15 metros

Publicado o 13/08/2021 13:36

Ana Peleteiro será homenaxeada mañá en Ribeira. A medallista olímpica nos xogos descansa estes días en Galicia, pero non esquece o futuro.

E o futuro pasa por saltar quince metros. En Toquio saltou catorce oitenta e sete e acadou o bronce. Quédanlle trece centímetros.

"Estou motivada, saltar 15 metros están máis preto, sei que podo", declarou Peleteiro con confianza.

Noticias web

13/08/2021