Ana Peleteiro, tras gañar a medalla de prata: "Non o agardaba. Estaba estresada. Foi un choque de emocións"
Publicado o 08/03/2021 15:56
• A atleta galega estaba sorprendida e aseguraba que ten "un xene competitivo que descoñecía"
A ribeirense Ana Peleteiro acadou a medalla de prata do europeo en pista cuberta que se celebra en Polonia.
O último salto de Peleteiro foi o que lle permitiu entrar no podio. Tiña a cuarta mellor marca, pero nun momento crítico conseguiu ir ata os 14,52 centrímetros, a un da medalla de ouro que acadou a portuguesa Mamona.
Nada máis chegar a Madrid fixo as súas primeiras declaracións: "Teño un xen competitivo que descoñecía" "Non o agardaba. Estaba estresada. Foi un choque de emocións"