Ana Peleteiro, medalla de bronce en triplo salto nos Xogos Olímpicos de Tokyo
• Acada o bronce coa mellor marca española de todos os tempos (14,87) | Ribeira vibra co bronce olímpico da atleta galega
A galega Ana Peleteiro logra a medalla de bronce cun mellor salto de 14,87 metros, nunha proba en que a portuguesa Patricia Mamona logrou a medalla de prata e a venezolana Yulimar Rojas, medalla de ouro con 15,67 m., nova marca olímpica e mundial.
Grazas ao seu quinto salto de 14,87 m. fixo a mellor marca española de todos os tempos, e subiu ao terceiro chanzo do podio, a catorce centímetros da prata, nunha proba na que bateu en dúas ocasións a súa propia marca persoal.
Outro atleta galego, o viveirense Adrián Ben, logrou clasificarse para a final dos 800 m. lisos, proba na que será o primeiro representante español nunha final olímpica desta distancia.
Felicitacións pola medalla olímpica
A atleta galega recibiu os parabéns da Casa Real, ademais dos do Presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, e do da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A voceira do BNG, Ana Pontón, e o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, tamén loaron os logros da deportista.
#Tokyo2020 | #Bronce olímpico, doble récord de España y triple salto en fuerza e ilusión. Nos has hecho saltar de alegría con tu seguridad y técnica depurada. Ana, toda España celebra contigo esta medalla “a la hora del vermú”.#ElCorazonDeEspaña@apeleteirob @atletismoRFEA
— Casa de S.M. el Rey (@CasaReal) August 1, 2021
Un último salto espectacular y un gran concurso le sirven a la gallega Ana Peleteiro para hacerse con la medalla de bronce en #Tokyo2020, batiendo de nuevo el récord de España.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) August 1, 2021
¡Enhorabuena, @apeleteirob!#ElCorazónDeEspaña pic.twitter.com/vCEVlK36el
Impresionante @apeleteirob! Toda Galicia y toda España hemos vibrado con una final histórica. Récord de España y bronce olímpico, sacando las garras como habías prometido. Felicidades! https://t.co/lkfADiWu8d
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) August 1, 2021
Fantásticas, mulleres que fan historia https://t.co/FW3Q62wNXe
— Ana Pontón (@anaponton) August 1, 2021
Parabéns, @apeleteirob https://t.co/EKl07OnJmP
— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) August 1, 2021