CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro clasifícase para a final polas medallas cun segundo salto de 14,62

Publicado o 30/07/2021 13:36
Ana Peleteiro clasifícase para a final polas medallas cun segundo salto de 14,62

Ana Peleteiro xa está na final de triple salto. Á ribeirense bastáronlle dous saltos para superar cunha marca de 14.62 o límite de 14 metros 40 centímetros necesario para entrar na final. 

Acada deste xeito a mellor marca dunha deportista española nuns xogos olímpicos e o seu mellor resultado da temporada.

A proba gañouna a venezolana Yulimar Rojas cun mellor salto de 14,77.

Noticias web

30/07/2021