CRTVG

Buscar

A ex-presidenta do Congreso Ana Pastor dá positivo en coronavirus

Publicado o 11/03/2020 16:21
A ex-presidenta do Congreso Ana Pastor dá positivo en coronavirus

A vicepresidenta segunda do Congreso dos deputados e ex-ministra de Sanidade, Ana Pastor, anunciou este mércores que deu positivo nas probas do COVID-19.

"Onte deume positivo a proba do COVID-19, polo que continuarei na miña casa os días que me indiquen os meus colegas. Eu estou perfectamente ben, sen febre nin outros síntomas", anuncia a propia Pastor en dúas mensaxes colgadas na súa conta de Twitter.

A dirixente popular precisa que desde o pasado sábado permanece na súa casa "seguindo as indicacións médicas".

Así mesmo, lanza unha mensaxe de tranquilidade e lembra que "temos unha excelente sanidade e magníficos profesionais".