CRTVG

Buscar

Ana Miranda (BNG), sobre o acordo pesqueiro do 'brexit': "Déixannos a espiña e levan a carne"

Publicado o 28/12/2020 16:00

O BNG pide a comparecencia urxente da conselleira do Mar e a creación dunha comisión especial no Parlamento galego que aborde as consecuencias do brexit. A súa voceira en Europa, Ana Miranda, tamén solicitou unha entrevista co comisario de Pesca, a quen lle vai pedir medidas compensatorias para a nosa frota. 

"Déixannos a espiña e levan a carne. É unha imaxe do que significa este acordo para a pesca galega. O que pedimos son medidas compensatorias desa reserva de axuste do brexit", dixo Miranda.

Noticias web

28/12/2020