Ana Julia Quezada será xulgada entre o 9 e o 18 de setembro
Publicado o 04/06/2019 14:33
Fixada a data do xuízo de Ana Julia Quezada como presunta asasina do pequeno Gabriel Cruz. Celebrarase entre o 9 e o 18 de setembro.
Enfróntase á petición da Fiscalía de que lle sexa imposta a prisión permanente revisable. Tamén lle esixen o pagamento dos 200.000 euros que custou o operativo de busca do cativo durante 13 días.