CRTVG

Buscar

Ana Julia intenta suicidarse no cárcere despois de discutir con outra reclusa

Publicado o 04/01/2019 20:37
Ana Julia intenta suicidarse no cárcere despois de discutir con outra reclusa

Ana Julia Quezada, presunta asasina do neno Gabriel Cruz, intentou suicidarse no cárcere de El Acebuche, en Almería, onde permanece en prisión preventiva á espera de xuízo. Ao parecer, horas antes tivo un enfrontamento con outra reclusa, o que provocou que fose trasladada a illamento. Alí, intentou suicidarse, pero os funcionarios de prisións lograron evitalo. Os feitos sucederon durante a pasada Noitevella.


 

Noticias web

04/01/2019