CRTVG

Buscar

Amplíase o operativo de busca do home desaparecido xunto coas súas fillas hai seis días en Tenerife

Publicado o 03/05/2021 20:32

 

A Garda Civil realizou un novo rexistro na casa do home que desapareceu xunto coas súas dúas fillas, de seis e un ano de idade, o martes pasado en Tenerife. O paso dos días non diminuíu a intensidade da busca. Nas últimas horas o operativo marítimo e aéreo estendeuse cara ao oeste da illa tinerfeña e cara a zonas máis afastadas da costa, sen ningún resultado.

Os investigadores manteñen abertas todas as hipóteses ao redor deste suceso e ditouse unha orde internacional de busca.