CRTVG

Buscar

A hostalería pode pechar á unha da mañá sempre e cando dispoña de medidor de dióxido

Publicado o 12/06/2021 14:55

Hai máis ánimo entre os hostaleiros ao ampliarse o horario de peche, que agora se fixa á unha da mañá. Eso si, teñen que ter medidores de dióxido para evitar concentracións.

Neste establecemento prevén situar unha pantalla para que os comensais teñan coñecemento da calidade do aire en todo momento.

Polo demais, a ocupación máxima dos locais mantense como estaba, sempre e cando os casos de coronavirus non fagan que se implanten medidas máis restritivas.

Son pequenos avances na hostalería de cara a recuperar a normalidade.

Eso non quita que se manteñan igualmente as medidas de precaución como o uso da máscara e a distancia de seguridade.

Noticias web

12/06/2021