CRTVG

Buscar

Amplíase o horario do comercio e abren os restaurantes das áreas de servizo para profesionais

Publicado o 17/02/2021 09:40

Galicia levanta este mércores algunhas das restricións. Entre outras medidas, amplía horarios do comercio e abre os restaurantes das áreas de servizo para profesionais. 

Desde hoxe os transportistas si poderán comer no interior destas instalacións. Algo que ata o de agora non se podía facer por mor das restricións.

Terán que amosar as súas tarxetas de transportistas profesionais para poder facer uso das instalacións. Nas mesas só se poderá sentar unha persoa. Unha medida moi ben recibida polo sector.

Noticias web

17/02/2021