CRTVG

Buscar

Amplíase a zona de busca dos dous mozos desaparecidos en Porto do Son

Publicado o 09/07/2020 14:28

A busca comezou por terra á mañanciña. Proteccion Civil estivo rastrexando a costa desde Baroña case ata Portosín. 

Despois incorporouse por aire un helicóptero da Garda Civil e outro de Salvamento. Mentres os mergulladores facían os preparativos no porto cun ollo posto no mar. A previsión di que contra o mediodía empeoran as condicións.

Tinon Gago, brigada xefe dos GEAS de Galicia, explícanos como é o operativo: "Vai ir un mergullador amarrado a un cabo ao barco para percorrer unha zona e iso o que fai e que o mergullador non gaste tanto aire e pódese prolongar o tempo e poder cuadricular a zona de busca".

Cóntanos que se vai ampliar a zona de busca, aínda que a tarefa é complicada polas condicións de vento e visibilidade.

Hoxe amplían a zona de busca conscientes de que teñen moi pouca información. A única superviviente non foi quen de dar datos concretos da localización do accidente. Unha variación de 20 metros condiciona e moito o rastrexo.

"O primeiro día foi bastante ben pero onte o vento e visibilidade en relación ao primeiro día foi máis dificultoso", dinos Tino Gago.

No dispositivo colabora practicante toda a vila. Mariñeiros, cruz vermella e unha embarcación cun sonar de barrido lateral para tentar dar cos corpos.

Os dous mozos desapareceron na tarde do luns cando emborcou a súa canoa ao perder un remo e tentar recuperalo. O mal tempo foi fatal e só unha moza terceira ocupante da embarcación conseguiu chegar á costa. A moza xa foi dada de alta ao recuperarse da hipertermia e feridas leves sufridas.​

Noticias web

09/07/2020