CRTVG

Buscar

Amplíase a unidade de atención ao ictus no hospital de Santiago

Publicado o 25/06/2021 19:39

Amplíase a unidade de atención ao ictus no hospital de Santiago, que o ano pasado ingresou máis de 600 doentes con esta patoloxía.

O conselleiro de Sanidade inaugurou esta mañá a nova unidade de hospitalización, que comezará a funcionar en xullo con seis camas e sistema de monitorización 24 horas.

Julio García Comesaña anunciou tamén que está rematado o proxecto para ampliar en trinta mil metros cadrados o hospital Clínico, o que vai supor un investimento de arredor de 60 millóns de euros.

 

Noticias web

25/06/2021